CONTORNA

Carnota


a localización do Faro Lariño é privilexiada e, sen dúbida, estratéxica para coñecer os encantos da zona. Situámonos en Carnota, entre a espectacular vila de Muros e a mística Fisterra.

O Faro Lariño pertence ao municipio de Carnota, lugar privilexiado e paradisiaco de Galicia, situado no extremo occidental da Coruña. Este marabilloso concello que se atopa no límite de Costa da Morte. A uns poucos metros do Monte Pindo, as rocas graníticas forman un espazo natural incomparable desde un punto de vista geomorfológico, e da lugar á conocidísima fervenza do Ézaro, un dos poucos rios de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza.

A praia de Carnota, con forma de media lúa, e unha beleza inigualable, é un espazo de gran interese medio ambiental. Tras un inmenso areal duns 7 km de lonxitude, un conxunto único de dunas e marismas, cunha lagoa interior, acolle comunidades vexetais e animais de gran interese. Este espazo serve de refuxio de multitude de especies nos seus movementos migratorios, destacando o interese ornitolóxico do conxunto e a variedade de ecosistemas existentes.

Alén do Faro Lariño temos a ampla e solitaria praia de Lariño, de area fina e de cor branca, ideal para deportes náuticos.

Atardeceres espectaculares con vistas ao Faro de Fisterra e noites máxicas pola ausencia de contaminación lumínica da contorna. Un mar embravecido e o Faro maxestoso, que dará morada a todos aqueles que queiran converter en hábito cada instante, único e irrepetible que nos ofrece este Faro, esta contorna, esta estancia.